martes, 26 de febreiro de 2013

Obradoiros Prácticos en Tecnoloxías Apropiadas

Este mércores 27, as 19 horas na aula de proxectos da Escola Técnica Superior de Tecnoloxía (ETSE) no Campus Vida, antigo campus Sur da USC, realizarase o primeiro obradoiro práctico de tecnoloxía aplicada, que estará adicado á creación de fornos solares caseiros.

No segundo explicarase a posibilidade de empregar aceite usado doméstico como biodiesel, mesturándoo con combustible convencional para conseguir non só un importante aforro económico senon unha diminución do seu impacto ambienta. E xa por último, levarase a cabo un obradoiro de cosméticos a través do emprego e reciclaxe de productos naturais.

As actividades están a abertas a participación de toda a comunidade universitaria, estudantado, persoal administrativo e de xestión da universidade e perosal docente e investigador.

Máis información: info@galicia.isf.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario