venres, 1 de febreiro de 2013

Titulo de Bacharelato para maiores de 20 anos

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
Requisitos:a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2013.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2012-2013.
O prazo para realizar a inscrición nestas probas será entre o 18 e o 28 de febreiro de 2013 nos seguintes centros:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, A Coruña.
b) IES San Clemente, Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, Vigo
As probas terán lugar o día 26 de abril de 2013 nestes centros.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED534A
Máis información no DOG do 1 de febreiro de 2013 e en www.edu.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario