|   |   | 
|  O
 programa Xuventude Emprende, dirixido a mozos/as de bacharelato ou 
graos formativos de grao medio, terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo 
no Albergue Xuvenil de Gandarío (A Coruña). Consiste nunhas xornadas 
formativas, de 3 días de duración e nas que se inclúe o aloxamento, 
durante os cales os/as mozos/as desenvolverán competencias emprendedoras
 como o traballo en equipo, a iniciativa empresarial, a comunicación 
interpersoal e a xestión da diversidade, entre outras. Tamén haberá 
espazo para as actividades lúdicas e de tempo libre. O prazo de inscrición estará aberto até o día 8 de marzo con un límite de 40 prazas. As actividades e o aloxamento non suporán ningún custo económico para os/as participantes. Consulta o folleto do programa Accede ao formulario de inscrición | 
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario