A Embaixada de Francia ofrece ao Ministerio de Educación español catro bolsas de investigación dun mes de duración durante o ano 2013.
Estas
bolsas destinaranse a profesores españois de francés dun centro público
universitario ou a estudantes españois de Terceiro Ciclo de francés que
desexen ir a Francia, no marco dun proxecto de investigación ou de
preparación dunha tese doutoral, nos campos seguintes:
Lingüística ou literatura francesa.
Didáctica de francés como lingua estranxeira.
Tradución ou terminoloxía (francés/español).
Francés sobre obxectivos específicos.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 22 de marzo de 2013.
Máis información no BOE do 4 de marzo de 2013
Ningún comentario:
Publicar un comentario