luns, 4 de marzo de 2013

Roteiros para a xuventude

En Marzo tedes duas quendas para participar neste programa: do 15 ao 17 e do 22 ao 24. O Prezo son 54€ ou 49€ se tedes o carné xoven(recordade!!! que podedes facer o carné na OMIX do Centro Social de Boiro)


A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha, un ano máis, Roteiros para a xuventude, un programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
 Os obxectivos xerais desta actividade son ofertar á xuventude novas experiencias e alternativas para o tempo libre, así como a transmisión e o coñecemento de valores como a convivencia, a cooperación, o asociacionismo da mocidade galega, entre outros, favorecendo as relacións interpersoais e a creación dun bo ambiente de grupo.

Destinatarios:
Persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.
 Inscricións:
Os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, desde o día 26 de febreiro de 2013, aos números 981541689 / 981545822 / 981545937 / 981545702 e, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
 Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pagamento da cota de participación no prazo máximo de 48 horas.
 No momento de facer a chamada darase a información oportuna sobre o xeito de facer o correspondente ingreso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario