martes, 21 de maio de 2013

Axudas para formación práctica en centros de traballo

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de traballo (FCT), nas seguintes modalidades:
A. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial e que realice a FCT dentro do territorio español.
B. Alumnado matriculado en ciclos formativos de grao medio ou superior de formación profesional inicial ou nun ciclo formativo de artes plásticas e deseño e que realice a FCT en países da Unión Europea.

Requisitos:Alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade autónoma e, no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas que estea cursando o derradeiro curso dun: ciclo formativo de grao medio ou superior de formación profesional, ciclo formativo de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño, módulo profesional experimental de nivel II, nivel de ensinanzas deportivas ou un programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado que concorra a esta convocatoria de axudas deberá rematar o período de formación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de 2013.

Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
Primeiro prazo: 21 de xuño de 2013 para o alumnado que realizase a FCT nos períodos de outubro 2012-marzo 2013 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2013.
Segundo prazo: entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2013 para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2013 e o alumnado matriculado nun programa de cualificación profesional inicial que realice a FCT no período extraordinario de setembro de 2013.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED202A
Máis información no DOG do 21 de maio de 2013 e en www.edu.xunta.es/fct

Ningún comentario:

Publicar un comentario