xoves, 23 de maio de 2013

Bolsas para universitarios

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca 98 bolsas para o alumnado universitario matriculado nunha universidade do Sistema Universitario de Galicia ou nun centro asociado da UNED en Galicia que participe en programas de intercambio, relacionados cos estudos que está a cursar, con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día o 29 de xuño de 2013.

As solicitudes se poden tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento administrativo ED411B.

Máis información no DOG do 22 de maio de 2013 e en www.edu.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario