martes, 28 de maio de 2013

Certame de fotografía sobre cultura popular

A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas convoca o certame de fotografía sobre cultura popular, correspondente a 2013.
Os traballos fotográficos versarán sobre calquera aspecto dos modos de vida e pensamento que conforman a cultura popular nos distintos territorios de España, e haberán de significarse polo seu valor antropolóxico para o coñecemento e a difusión de tales expresións culturais na sociedade española.
Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame conterán unha reportaxe de tres a cinco fotografías sobre o mesmo tema.
O tamaño das fotografías será de 24 a 30 centímetros (lado menor), por 30 a 40 centímetros (lado maior).
Premios:Primeiro premio: 1.950 €.
Segundo premio: 1.300 €.
Terceiro premio: 650 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de xuño de 2013.
Máis información no BOE do 28 de maio de 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario