luns, 6 de maio de 2013

Curso Innovación en cultivos hortícolas de Invernadoiro

Poden participar os menores de 30 anos en activo, aínda que terán prioridade de acceso aqueles inscritos nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego que reúnan unha destas condicións: que sexan desempregados de longa duración, que non accederan ao seu primeiro emprego, de baixa cualificación ou procedentes do plan PREPARA.
O prazo para inscribirse remata mañá 7 de maio ás 9:30 horas.
Duración: 110 horas
Entre os contidos do curso destacan cuestións como as novas técnicas para o uso sostible dos fertilizantes, control de pragas, aproveitamento de recursos naturais, distintos tipos de rego, compostaxe, rotación de cultivos, etc.

Máis información neste enlace ou chamando ás oficinas de Agaca en Santiago no 981584783 hoxe, ou presentándote mañá 7 maio ás 9:30h na cooperativa ICOS, no lugar de Sobreira- Fornas s/n.

Ningún comentario:

Publicar un comentario