luns, 6 de maio de 2013

Prácticas en empresas no estranxeiro

Beneficiarios/as.- Estas axudas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva. Requisitos para ser beneficiario/a:
a)  Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b)  Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión de calquera título de formación profesional ou universitario acreditado por calquera centro público ou privado de Galicia, ou telo solicitado no momento de presentar a solicitude.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e)Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: inglés, italiano, francés e/ou alemán.
Prazas.- 250 Duración da estancia.-  8 semanas entre o 1 de xuño e o 15 de novembro de 2013
 S0licitudes
  • O/a interesados deberán presentar o Anexo I da orde debidamente cumprimentado, máis o resto da documentación requerida.
  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel nun rexistro oficial ou nas oficinas de correos.
  • Prazo: Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O prazo remata o 29 de maio de 2013.
 Contía da axuda.- 2.400 €/participante.
 Gastos que son por conta do/a beneficiario/a.- aloxamento, manutención e gastos de viaxe e transporte.
 Anticipo.- O/a beneficiario/a poderá solicitar un anticipo do 80 % da axuda
 CONSULTA AQUÍ A ORDE DE CONVOCATORIA
 Mais información en:  galeuropa@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario