mércores, 12 de xuño de 2013

Campamentos para rapaces a partir de 10 anos

Este verán dende o Centro Social para os rapaces de máis de 10 anos podes disfrutar dos campamentos de:

 Campamentos de inglés
 Traballará con xogos de presentación, coñecemntos, confianza, resolución de conflictos, manualidades e traballos artísticos todos en inglés.
Dous grupos: de 12 e 13 anos de 10 a 12h e de 14 e 15 anos de 12 a 14h de luns a xoves. O custe por alumno será de 120€/mes

 Campamentos musicais:Intercambio de sons
Esta actividade pretende ser un taller creativo onde os e as participantes, ca axuda dos mestres, aprendan a dinámica do ensaio en grupo aprendendo a tocar en conxunto o repertorio elixido. Tratase poñer en práctica os seus coñecementos musicais ao tempo que se axusta á practica en conxunto. Esta aprendizaxe completarase ca gravación e posta en escena do repertorio.
Está destinada a nenos e nenas de 10 a 20 anos con coñecementos musicais, levarase a cabo do 15 de xullo ao 20 de xullo (ambos inclusive) en horario de mañá de 10 a 14 horas na Escola de Música de Boiro, Centro Social.
O custe por alumno será de 54€/persoa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario