venres, 7 de xuño de 2013

Cursos de alemán intensivos no verán

No Centro Social a Asociación Galega Xermanista impartirá un curso de iniciación ao alemán intensivo dende o 8 de xullo ao 2 de agosto.

Impartirase de luns a venres en horario de 11h a 13h, o prezo son 120 euros que se poden pagar en dous prazos(inclúe material e diploma acreditativo).

Para inscribirse pódeste anotar na OMIX(Centro Social 1º andar) ou no teléfono 981842635.

1 comentario: