xoves, 18 de xullo de 2013

Curso de Información Xuvenil Especializada no Ámbito Formativo

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca os cursos de verán 2013, que se desenvolverán no Centro coordinador de información xuvenil en Santiago de Compostela.
Destinatarios/as: Persoal da Rede galega de información xuvenil e titulados ou estudiantes do ámbito social (educación social, pedagoxía, traballo social, maxisterio, socioloxía, psicopedagoxía) e TASOC que posúan o carné xove. (Ter o carné xove é requisito para as persoas que non pertenzan a Rede galega de información xuvenil).
Criterios de selección: Por orde de inscrición, tendo preferencias os/as informadores xuvenís da Rede Galega de información xuvenil e aquelas persoas que teñan feito o curso de información xuvenil especializada na área de educación.
Obxectivos: Profundizar nos aspectos básicos da información xuvenil dende o ámbito das asesorías de educación.
Contidos: Estructura da información xuvenil xeral e especializada. A información xuvenil no ámbito educativo. Busca e síntese monográfica da información xuvenil. Estudos no ámbito da información xuvenil. A información xuvenil noutras comunidades autónomas.
Nº de horas: 30
Nº edicións: 2
Nº de prazas: 30
Modalidade: semipresencial
Lugar e data da sesión presencial : A sesión presencial é obrigatoria, e terá lugar no Centro coordinador de información e documentación xuvenil, en  Santiago de Compostela, o día 2 de agosto as 12.00 h.
Data de inscrición: O prazo de inscrición remata o día 28 de xullo ás 23.59 h.
As persoas que resulten seleccionados/as  comunicaráselles o día 30 de xullo por correo electrónico.
Datas de realización: 2 de agosto ao 5 de setembro de 2013
Mais Información: Telefonos: 881997604/07

Ningún comentario:

Publicar un comentario