mércores, 3 de xullo de 2013

Obradoiros para a xuventude

A Dirección Xeral de Xuventude organiza uns obradoiros no ámbito da educación non formal e teñen como obxectivo proporcionarlles aos mozos e mozas ferramentas en temáticas especialmente sensibles para a mocidade galega. Entre os temas centrais que se desenvolven nos obradoiros deseñados destacan os seguintes: empregabilidade, participación xuvenil, coaching, comunicación, información sobre recursos para a mocidade, voluntariado, asociacionismo, mobilidade xuvenil etc.

Os obradoiros poderánnos solicitar mozos e mozas de ata 30 anos, os/as animadores/as xuvenís, os/as concelleiros/as de xuventude, as asociacións, os grupos informais e, en xeral, calquera colectivo interesado no ámbito da xuventude. O prazo de solicitude estará aberto ata o 26 de xullo de 2013.
 
 Para máis información:. Teléfonos: 981 544 866/ 981 957 057/. institutoxuventude.ctb@xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario