A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), convoca
subvencións de creación audiovisual para a escrita individual de guións
e a realización de proxectos de curtametraxes e longametraxes en
soporte dixital.
Modalidade A: escrita individual de guión. Subvencións para
proxectos de guión de obras orixinais ou adaptación de obras literarias,
para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV. A
contía adxudicada por proxecto será de 5.000 €.
Modalidade B: curtametraxes. Subvencións para a produción de
proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal galega
–ficción, animación ou documental– cunha duración inferior a 30 minutos.
As subvencións terán unha contía de 6.000 €.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de agosto de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT207E
Máis información no DOG do 1 de xullo de 2013.
Ningún comentario:
Publicar un comentario