xoves, 1 de agosto de 2013

‎Axudas‬ a asociacións de mulleres

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.
Liñas de axuda:
Liña 1
: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.
Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade.
Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de agosto de 2013.
Máis información no DOG do 2 de xullo de 2013 e en http://igualdade.xunta.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario