luns, 12 de agosto de 2013

Convocatoria de proceso de selección de persoal para información turística

O Concello de Rianxo publicou o anuncio para a contratación laboral temporal de 1 informador/a tutístico/a.
As bases e as instancias para participar nesta lista poden recollerse no mostrador de información do Concello. Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación mínima a ter en conta.
O prazo para presentar as solicitudes no Rexistro xeral do Concello remata as 13:00 h do martes día 13 de agosto. No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do Concello, sexa nalgún rexistro autorizado da Xunta de Galicia ou nalgunha oficina de correos, será necesario que o xustificante do rexistro sexa adiantado por fax ao núm. 981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.
Información

Ningún comentario:

Publicar un comentario