luns, 5 de agosto de 2013

Escola de adultos en Rianxo

O concello de Rianxo pon en marcha un plan educativo para maiores de 55 anos, no que se van a impartir os cursos de:
  • Informática Básica I
  • Cultura Musical de Galiza
  • Historia do Teatro en Galicia

Cada materia terá un custe de 50 € e as clases serán dúas horas á semana (de outubro a xaneiro) en Rianxo (Auditorio – Aula Activa do Mar).

Maís información:
 Auditorio de Rianxo: de martes a venres de 11.00 a 13.30 horas.
Rúa Autores da Rianxeira s/núm. Rianxo. T.E. 981 100 688
 Servizos Sociais: luns a venres de 10 a 14 horas.
Estrada de Tanxil, núm. 12. Rianxo. T.E. 981 860 061
 Correo electrónico: unedsenior@concelloderianxo.es
 En liña: www.rianxo.com/unedsenior

Ningún comentario:

Publicar un comentario