luns, 23 de setembro de 2013

Certame de curtas "Somos a curta"

O prazo de presentación de pezas, en galego e cunha duración máxima de dez minutos, está aberto ata o 15 de outubro. O día 21 comunicaranse no web os traballos admitidos e o 7 de novembro terá lugar na propia facultade a gala de entrega de premios, conducida polas poetisas Lucía Aldao e María Lado.
O premio está dotado con 400 e 200 euros, respectivamente, para os dous proxectos mellor valorados polo xurado, que estará formado por profesionais na materia.
Haberá tamén un premio ao traballo que mellor aceptación teña entre o público asistente á gala.
Máis información: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2013_09/noticia_0096.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario