A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo
e Benestar organiza unha actividade de formación orientada a que
mediadores/as xuvenís adquiran as capacidades e as habilidades
necesarias para dinamizar a promoción de estilos de vida saudables no
ámbito de xuventude. Esta formación ten por finalidade achegar recursos
para o desenvolvemento individual das persoas participantes e para
favorecer a súa implicación en estilos de vida saudables da comunidade.
Esta actividade consta de dúas partes: curso de formación presencial
en grupo e a formación práctica seguindo un itinerario individual no
que cada mediador/a terá que deseñar e elaborar un traballo práctico
sobre a promoción de hábitos e estilos de vida saudables.
Obxectivos:
-Aportar aos mediadores/as formación nas capacidades e habilidades
necesarias para a realización de actuacións de mediación xuvenil en
hábitos e estilos de vida saudables.
-Facilitar aos mediadores/as coñecementos e estratexias axeitadas
para a dinamización da promoción de estilos de vida saudables no ámbito
de mocidade, a revisión de actitudes, valores e normas respecto dun
estilo de vida saudable.
-Facilitar a posta en práctica dos coñecementos e das estratexias
aprendidas no curso de formación mediante a realización dun traballo
práctico centrado na realidade das entidades e asociacións xuvenís.
Modalidade: semipresencial
Número de horas: 60 h (40 h en curso-presencial e 20 h de traballo a distancia para a parte práctica)
Destinatarios/as: mozos/as de 18 a 35 anos
Nº de prazas: máximo 25, mínimo 10
Datas e horarios de realización:
Formación presencial: 10,11,17,18, 24 e 25 de outubro de 2013
Horarios: 9.00h.a 14.00h, e 16.00h a 18.00h
Formación práctica: novembro-decembro de 2013
Prazo de inscrición: ata o 4 de outubro de 2013
Unha vez finalizado o prazo de inscrición os participantes que
obtiveran praza recibirán un correo de confirmación; de non recibir dito
correo, entendérase que non obtiveron praza.
PROGRAMA
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Mais información: 881995204 ou
xuventude@xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario