martes, 17 de setembro de 2013

Programa Leonardo da Vinci(Lugo)

A Deputación de Lugo fai unha convocatoria de selección de 50 persoas beneficiarias do proxecto “LugoJob” de axudas para estancias no estranxeiro coa finalidade formativa-profesional, a través da realización de prácticas en empresas de Alemania, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente-Proxecto de Mobilidade Leonardo da Vinci.
A distribución dos participantes por sectores educativos será a seguinte:
10 Agricultura, silvicultura e pesca
10 Protección medioambiental
10 Viaxes, turismo e ocio
10 Informática
10 Ciencias da vida
O número de estancias que se convocan é o seguinte:
5 para prácticas profesionais na cidade de Hamburgo (Alemania).
7 para prácticas profesionais na cidade de Viena (Austria).
8 para prácticas profesionais na cidade de Florencia (Italia).
5 para prácticas profesionais na cidade de Lisboa (Portugal).
5 para prácticas profesionais na cidade de Praga (República Checa).
10 para prácticas profesionais na cidade de Belfast (Reino Unido).
10 para prácticas profesionais na cidade de Cork (Irlanda).
A duración das estancias será de catorce semanas, correspondendo as dúas primeiras á realización dun curso de idiomas que mellore as competencias dos participantes e lles axude na súa adaptación á cidade de acollida. Tras estas dúas semanas, os participantes levarán a cabo tres meses de prácticas profesionais en empresas do sector de formación de cada participante. O inicio das estancias prevese a partir do mes de xaneiro de 2014.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 1 de outubro de 2013.
Máis información no BOP de Lugo do 16 de setembro de 2013 e en www.deputacionlugo.org ou neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario