mércores, 11 de setembro de 2013

XIV Mostra de Curtas “Vila de Noia” 2013

Concello de Noia convoca a XIV Mostra de Curtas “Vila de Noia” 2013, que se celebrará entre o 5 de Decembro de 2013 e o 8 de decembro de 2013.
Poderán participar todas as producións que o desexen, profesionais ou amateurs, realizadas dende o 1 de xaneiro de 2012 ate o 1 de novembro de 2013. As obras a concurso deberán estar realizadas preferiblemente en galego ou castelán. As curtas realizadas noutra lingua diferente das dúas anteriores, deberán incluír obrigatoriamente subtítulos en galego ou castelán.
Cada autor poderá presentar a concurso obras, en soporte DVD ou 35mm, únicos formatos admitidos para a mostra. Con cada curtametraxe enviada a concurso deberá aparecer o nome da obra, así coma unha ficha técnica da mesma.
Os participantes deberán enviar mediante correo electrónico, a ficha técnica ou unha ficha de inscrición que atoparán www.novasdenoia.wordpress.com e www.mostracurtasnoia.wordpress.com
A duración dos traballos deberá ser igual ou inferior a 30 minutos, títulos de crédito inclusive. A temática e xénero das obras é totalmente libre. Non serán proxectados aqueles traballos de carácter turístico ou publicitario, nin aqueles que non ofrezan unhas garantías técnicas mínimas para unha correcta proxección. Os traballos poderán ser tanto mudos coma sonoros.
Premios:- Mellor curtametraxe: 3.500 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor dirección: 700 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor guión: 500 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor actor: 500 € + Trofeo conmemorativo
- Mellor actriz: 500 € + Trofeo conmemorativo
Premios especiais:- Mellor curta de animación: 1500 €+ Trofeo conmemorativo
- Premio especial del público : 1168€ + Trofeo conmemorativo
-Premio a mellor curta comarcal: 300€ + Trofeo
O prazo de recepción de obras estará aberto ata o día 8 de novembro de 2013.
Máis información: www.mostracurtasnoia.wordpress.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario