venres, 18 de outubro de 2013

Axudas para a formación posdoutoral

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C), para o ano 2013.
Modalidade A: contrato dun máximo de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración nunha universidade do SUG.
Beneficiarios:As universidades do SUG que contraten as persoas seleccionadas, a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita universidade.
Requisitos:a) Ter o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o título de doutoramento dunha universidade do SUG. Non obstante, as persoas que non acadasen ningunha destas titulacións nunha universidade do SUG tamén poderán optar á axuda, aínda que o número máximo das que se poderán conceder nese suposto non poderá exceder o 10 % do total das concedidas.
b) Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2008. Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
Modalidade B: contratos dun ano de duración, sen posibilidade de prórroga, nunha universidade do SUG, dirixidos ao persoal doutor investigador beneficiario dun contrato nunha universidade do SUG do programa Ángeles Alvariño do Plan Incite (convocatorias de 2007 ou 2009), que permanecese nel ata o seu remate e completase o seu período de estadía de 24 meses

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2013
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED481B para a modalidade A e procedemento ED481C para a modalidade B
Máis información no DOG do 15 de outubro de 2013.

Ningún comentario:

Publicar un comentario