xoves, 10 de outubro de 2013

Foro de xuventude en movemento

A Universidade da Coruña e Europe Direct-Deputación da Coruña organizan a segunda edición do Foro "Xuventude en movemento"

Os días 14, 15 e 16 de outubro terán lugar no pavillón de estudantes, Campus de Elviña, os primeiros obradoiros, de balde e con inscrición previa.

Os días 28, 29 e 30 de outubro, tamén no pavillón de estudantes o Foro ofrecerá a posibilidade de participar en encontros, sesión formativas sobre cooperativismo e saídas laborais ó estranxeiro, voluntariado, prácticas en empresas e máis ferramentas que pretenden mellorar a empregabilidade da mocidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario