Obradoiro de emprendemento rural sostible en Rianxo o 8 e 9 deste mes
dentro do programa: "De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como
motor de cambio". O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes
oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos
clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e
medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.
O obradoiro celebrarase no Centro Sociocultural Auditorio sito na Rúa
Autores da Rianxeira de Rianxo con horario de 16.00 a 21.00h. É unha
actividade de balde, As
prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa. Poden
encontrarse más detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de
inscrición na dirección web: deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es/
Ningún comentario:
Publicar un comentario