xoves, 3 de outubro de 2013

Visita cooperativa agrícola

A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte, a través da súa Oficina de Fomento  Cooperativo, organiza unha nova visita, nesta ocasión, á cooperativa agrícola HORSAL. Esta visita, de carácter gratuíto, enmárcase dentro dun programa de visitas a diversas cooperativas que se desenvolverán durante o mes de outubro.
A visita á cooperativa HORSAL vaise celebrar o vindeiro luns día 14 de outubro en horario de 16.00h a 20.00h.
A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte porá un servizo de autobús gratuíto a disposición de todos os interesados na visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario