xoves, 28 de novembro de 2013

Curso de habilidades para a búsqueda de emprego.

Xa está aberto o prazo para inscribirse neste novo curso que organiza a Concellería de Xuventude do Concello de Riveira.

O curso consta de tres módulos formativos:
- Módulo I: O meu proxecto profesional.
O obxectivo deste módulo é definir de xeito concreto os obxectivos profesionais e relacionalos coas competencias e capacidades persoais.

- Módulo II: Comunicación eficaz.
Neste módulo abordaranse as pautas básicas da comunicación co obxectivo de aprender a transmitir correctamente e preparar a entrevista de traballo.

- Módulo III: Manexo do estrés.
Os procesos de búsqueda de emprego e de selección para un posto de traballo son grandes xeradores de estrés. Aprender técnicas de manexo para non decaer e desmotivarnos no camiño é fundamental para acadar o éxito.

Datas e horarios: Será do 9 ao 13 de decembro de 10 a 13.30 horas.
Lugar: Casa da Xuventude de Riveira.
Destinatarios: Mozos e mozas de Riveira que estean no paro.
Prezo: Gratuíto.

As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario