BOLSA FEUGA: 6 MESES NO COLEXIO COMPAÑIA DE MARIA DE SANTIAGO.
ACTIVIDADE: HORTO ESCOLAR.
A Asociación Solidaria para o Emprego e a Formación convoca a primeira
bolsa para que unha persoa recén titulada realice prácticas no colexio
Compañía de Maria de Santiago, preparando a súa incorporación futura ao
mundo laboral.
A persoa
bolseira será titulada en Bioloxía ou Enxeñaría Agrónoma, menor de 31
anos e encargarase de crear e manter un horto no colexio para que o
cultiven e coiden os alumnos.
A bolsa tramítase a través de FEUGA (Fundación Empresa Universidade de Galicia).
CV e documentación enviarase a:
FEUGA. Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n - Campus Universitario Sur .
15705 SANTIAGO. Correo electrónico: feugaempleo@feuga.es
O prazo para que os candidatos presenten a beca remata o día 8 de decembro de 2013
Información da convocatoria: http://bit.ly/1dKUDP0
Información xeral sobre as bolsas Feuga http://bit.ly/1dKUkDB
Ningún comentario:
Publicar un comentario