venres, 20 de decembro de 2013

Exposición Implic-Arte: "Maquila Boutique"

A exposición "Maquila Boutique" visita a sala de exposicións de Boiro do 23 a o 30 de decembro. O fío condutor da exposición é a explotación feminina no sector téxtil, ademáis de informar sobre a labor da asociación Implicadas No Desenvolvemento.

Implicadas/os no Desenvolvemento é unha ONG galega que leva dez anos cambiando o mundo dende Galicia. Na filosofía Implicadas defende:

- Que a cooperación ao desenvolvemento comeza cambiando as estruturas de explotación entre o Norte e o Sur e entre homes e mulleres.

- Que o cambio ten que acontecer dende Galicia abrindo vías para que a cidadanía poida participar na presión mundial para o cambio.

- Que non se pode falar de desenvolvemento cando o 50% da poboación vive en situación de discriminación e por iso traballamos para superar primeiro a discriminación que padecemos as mulleres.

Na acción Implicadas:

- Traballa na sensibilización da cidadanía, nas accións de presión política, na visibilización da situación das mulleres dos países en vías de desenvolvemento.

- Abre portas á participación da cidadanía a través do voluntariado e do apoio a campañas internacionais. Implicadas é a única organización galega que forma parte do Cumio do Microcrédito.

- Pon en marcha proxectos de cooperación baseados na igualdade de xénero e na autosuficiencia das comunidades, traballando man a man coas organizacións civís do Sur ata o momento na India e en Etiopía.


Pásate a vela que estará poucos días

Ningún comentario:

Publicar un comentario