AGADEA (Asociación Galega para a Axuda
dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer), en colaboración coa
Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a Fundación
Barrié e FAGAL (Federación de Asociacións Galegas de Familiares de
Enfermos de Alzheimer e outras demencias) organizará o curso
“Enfermidade de Alzheimer: Abordaxe multidisciplinar para coidadores”
do 9 (luns) ao 13 (venres) de decembro de 19 a 21 horas no Edificio
municipal de servizos administrativos, ubicado na rúa do Espíritu
Santo, nº4, en Noia. Esta acción formativa é gratuita e foi recoñecida
de interese sanitario.
Para a incrición ou unha maior información poden poñerse en contacto
con AGADEA no 981595738- 647589725 ou a través do correo
agadea@agadea.org ou co Concello de Noia no teléfono 981828104.
Ningún comentario:
Publicar un comentario