xoves, 16 de xaneiro de 2014

Bolsas FormARTE de formación e especialización en actividades culturais

O Ministerio de Cultura convoca as bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia de institucións culturais dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Son 76 bolsas divididas en seis modalidades:
Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 14 bolsas.
Bolsas de Museoloxía: 14 bolsas.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 14 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 15 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 15 bolsas.
Bolsas de Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas.
Tipos de bolsas:
Bolsas de Conservación e Restauración de Bens Culturais: 14 bolsas.
1. Conservación preventiva, 1 bolsa
2. Investigación de fondos fílmicos, 2 bolsas.
3. Laboratorios, 1 bolsa.
4. Restauración e conservación de arqueoloxía, 1 bolsa.
5. Restauración e conservación de arquitectura, 1 bolsa.
6. Restauración e conservación de documento gráfico, 2 bolsas.
7. Restauración e conservación de escultura, 1 bolsa.
8. Restauración e conservación de pintura, 3 bolsas.
9. Restauración e conservación de téxtiles, 1 bolsa.
10. Restauración e conservación de audiovisuais, 1 bolsa.
Bolsas de Museoloxía: 14 bolsas
1. Biblioteca Nacional. Museo, 1 bolsas.
2. Museo Cerralbo (Madrid), 1 bolsa.
3. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid), 1 bolsa.
4. Museo Nacional do Prado (Madrid), 2 bolsas.
5. Museo Nacional do Romanticismo (Madrid), 1 bolsa.
6. Museo Sorolla (Madrid), 1 bolsa.
7. Museo do Greco (Toledo), 1 bolsa.
8. Museo Nacional de Escultura (Valladolid), 1 bolsa.
9. Museo Nacional de Cerámica e Artes Suntuarias «González Martí» (Valencia), 1 bolsa.
10. Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática. ARQUA (Cartagena), 1 bolsa.
11. Museo Nacional de Arte Romana (Mérida), 1 bolsa.
12. Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira (Santillana del Mar), 1 bolsa.
13. Museo Sefardí (Toledo), 1 bolsa.
Bolsas de Biblioteconomía e Documentación: 14 bolsas
11 bolsas na especialidade de Fondo Moderno e 3 bolsas na especialidade de Fondo Antigo
Fondo moderno:1. Biblioteca de Cultura (Madrid), 1 bolsa.
2. Biblioteca Nacional (Madrid), 2 bolsas.
3. ICAA. Filmoteca Española (Madrid), 1 bolsa.
4. INAEM. Centro de Documentación Teatral, 1 bolsa.
5. Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria (Madrid), 3 bolsas.
6. Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas (Madrid), 3 bolsas.
Fondo antigo:7. Área do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico (Madrid), 3 bolsas.
Bolsas de Arquivística: 15 bolsas
1. Arquivo Histórico Nacional (Madrid), 1 bolsa.
2. Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares), 1 bolsa.
3. Biblioteca Nacional. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
4. Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos de Cultura. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
5. ICAA. Filmoteca Española (Madrid), 1.
6. INAEM. Centro de Documentación de Música e Danza, 1 bolsa.
7. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
8. Museo Nacional do Prado. Arquivo (Madrid), 1 bolsa.
9. Arquivo da Real Chancillería de Valladolid, 1 bolsa.
10. Arquivo Xeral de India (Sevilla), 1 bolsa.
11. Arquivo Xeral de Simancas (Valladolid),1 bolsa.
12. Centro Documental da Memoria Histórica (Salamanca), 2 bolsas.
13. Sección Nobreza do Arquivo Histórico Nacional (Toledo), 2 bolsas.
Bolsas de Xestión Cultural: 15 bolsas
1. Biblioteca Nacional, 1 bolsa.
2. Museo do Prado, 1 bolsa.
3. Subsecretaría. Oficina de Atención ao Cidadán, 1 bolsa.
4. Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), 2 bolsas.
5. Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA), 1 bolsa.
6. Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, 1 bolsa.
7. Dirección Xeral de Política e Industrias Culturais e do Libro, 5 bolsas.
8. Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais, Arquivos e Bibliotecas, 3 bolsas.
Artes Plásticas e Fotografía: 4 bolsas
a) Artes Plásticas, 2 bolsas.
b) Fotografía, 2 bolsas.
Estas bolsas terán unha duración de catro meses: dous (unha de artes plásticas e unha de fotografía) do 1 de abril a 31 de xullo; e outras dúas (unha de artes plásticas e unha de fotografía) do 1 de setembro a 31 de decembro de 2014.
Requisitos específicos:a) Ter menos de 35 anos na data que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
b) Acreditar iniciación, experiencia, realizacións, ou títulos e certificados académicos relacionados coa creación plástica e a fotografía.
c) Á solicitude deberá achegarse fotografías da obra recente.
d) Posuír coñecementos da lingua Francesa.
A estanza formativa desenvolverase no Colexio de España da Cité Internationale Universitaire de París.

Solicitudes: www.mcu.es, "Servizos de atención ao cidadán. Bolsas, axudas e subvencións. Bolsas"
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2014.
Máis información no BOE do 15 de xaneiro de 2014 e en www.mcu.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario