A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha o programa formativo Taller de Ideas: Cara o emprendemento desde a participación.
Taller de Ideas pretende ser unha
ferramenta de traballo, enfocado a mozos e mozas que teñan previsto
presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros
similares de participación xuvenil, e busquen mellorar as súas
competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos.
O seu obxectivo é a consolidación destes programas como elementos
dinamizadores do tecido asociativo, impulsores de iniciativas
innovadoras e elementos valiosos no currículo non formal da mocidade.
Os obradoiros están dirixidos a mozos e mozas, animadores xuvenís,
técnicos locais de emprego, axentes de desenvolvemento local,
concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de
mozos e mozas, e en xeral a calquera colectivo interesado en programas
de participación xuvenil.
Estas xornadas levaranse a cabo dende o 17 de febreiro ao 30 de
abril, coincidindo no tempo coa publicación da orde de axudas enmarcadas
no programa Iniciativa Xove, que financia proxectos xuvenís de ata
4000€.
As solicitudes para que o teu concello acolla un destes obradoiros
deberán enviarse vía correo electrónico antes do 14 de febreiro a través
de este formulario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario