martes, 28 de xaneiro de 2014

Voluntariado

A Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela e Comarca, AMICO, precisa persoal voluntario que desexen colaborar nas actividades que integran o Servizo de rehabilitación IV.
Buscamos persoas dinámicas e sociables que colaboren nas actividades que planifica a asociación para este ano 2014.

As actividades previstas son:
- Programa de natación terapéutica: As funcións son de apoio nas actividades acuáticas os martes e venres en piscina terapéutica situada en Roxos.

- Curso pilates e actividades físicas de mantemento adaptadas: As funcións consistirán na prestación de apoios ás persoas participantes de cara a realización dos exercizos propostas polo/a monitor/a.

- Programa PROVI: As funcións consistirán en dinamizar ó grupo participante nos talleres de promoción de vida independente así como facilitar o seu aprendizaxe.

As tarefas de voluntariado requiren compromiso e unha dedicación entre 6 e 24 horas mensuais, fundamentalmente os martes, mércores e venres.

Para máis información, podes consultar e solicitar detalles no correo electrónico info@amico.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario