xoves, 27 de marzo de 2014

Competencias Clave: curso gratuíto de formación

Convócanse as probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3
Durante o meses de abril e maio levarase a cabo no Centro Social de Boiro un curso gratuíto de formación e preparación das probas de competencias clave.
As xornadas de formación están dirixidas a todas aquelas persoas que desexen obter una formación básica que lle garanta un certificado de profesionalidade.
Todas aquelas persoas que queiran participar deberán solicitar o formulario de inscrición nos Servizos Sociais do Concello de Boiro e entregalo cuberto no rexistro, antes do día 10 de abril.
As xornadas formativas terán lugar no Centro Social de Boiro na 4ª planta o venres 28 de marzo, e todos os martes de abril e maio ata o 20 de maio(incluído este) en horario de tarde, de 16:00 a 18:00h

Máis información no departamento de servizos sociais do Concello de Boiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario