mércores, 5 de marzo de 2014

Exposición Auga Doce

Do 21 de marzo ao 14 de setembro
Museo Centro Gaiás
domingos de balde
 

A Cidade da Cultura inaugura o vindeiro 21 de marzo a exposición Auga Doce, coa que lles convidamos a redescubrir a beleza universal dun elemento definidor da alma galega a través da ollada de grandes artistas. Da man de xenios da talla de Constable, Hockney, Richter, Bourgeois, Merz ou Madoz e grandes creadores galegos, a mostra propón unha intensa experiencia estética a través dunha selección multidisciplinar que reúne pintura, escultura, foto, vídeo, instalación, enxeños científicos ou pezas etnográficas. MoMA, o Victoria & Albert, o Musée D’Orsay, o Rijksmuseum, o Reina Sofía ou o Thyssen-Bornemisza, xunto a máis dun cento de institucións culturais, colaboran neste gran convite da Cidade da Cultura para descubrir cando a auga é arte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario