luns, 9 de xuño de 2014






O CIM ORGANIZA UN CURSO DE DEFENSA PERSOAL FEMININO NO COMPLEXO DA FIEITEIRA
O Centro de Información a Muller (CIM) de Riveira está a organizar para o vindeiro 14 de xuño un curso gratuíto de defensa persoal feminina.

Esta acción desenvolverase no complexo da Fieiteira e terá unha duración de dúas horas: entre as 10.30 e as 13.30 horas.

As interesadas en asistir poden apuntarse no propio CIM, situado en Deán Pequeno, no edificio Miradoiro de Padín (teléfono 981 874 131; email cim@riveira.com). O acceso será por orde de inscrición ata esgotar as prazas.


Ningún comentario:

Publicar un comentario