martes, 15 de xullo de 2014

5ª EDICIÓN DE 'EMPRENDE AS TÚAS PRÁCTICAS'

 A Fundación José Manuel Entrecanales para a innovación e a sostibilidade abriu unha nova convocatoria de Emprende as túas prácticas. Esta quinta edición do programa de bolsas, que pon a disposición dos universitarios a posibilidade de realizar as súas prácticas profesionais en startups e reforzar o seu ADN emprendedor, desenvolverase dende outubro de 2014 a xaneiro de 2015, en 22 startups de base tecnolóxica en Madrid, Barcelona, Valencia, A Coruña e Ávila. poden optar estudantes dos últimos cursos de carreiras relacionadas coa tecnoloxía, a economía, a arquitectura, os recursos humanos e a comunicación
Enpresas ubicadas na provincia da Coruña:
NANOGAP
APPENTRA SOLUTIONS
BIBA DIFERENTE
Convocatoria: http://bit.ly/1fiX2Mf
O prazo de solicitudes permanecerá aberto até o 31 de agosto de 2014

Ningún comentario:

Publicar un comentario