A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas convoca o certame de fotografía sobre cultura popular, correspondente a 2014.
O Certame de Fotografía sobre Cultura Popular pretende destacar os mellores traballos fotográficos que poñan de relevo as diferentes formas de vida e pensamento dos pobos e individuos que compoñen as diversas culturas do Estado español. Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. Os traballos fotográficos versarán sobre calquera aspecto dos modos de vida e pensamento que conforman a cultura popular nos distintos territorios de España, e haberán de significarse polo seu valor antropolóxico para o coñecemento e a difusión de tales expresións culturais na sociedade española. Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame conterán unha reportaxe de tres a cinco fotografías sobre o mesmo tema. O tamaño das fotografías será de 24 a 30 centímetros (lado menor), por 30 a 40 centímetros (lado maior). Premios: Primeiro premio: 1.870 €. Segundo premio: 1.240 €. Terceiro premio: 630 €.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de agosto de 2014.
Máis información no BOE do 24 de agosto de 2014 e en http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/museos/premios/certamen-fotografia-cultura-popular/presentacion.html |
venres, 1 de agosto de 2014
Certame de fotografía
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario