mércores, 13 de agosto de 2014

Programa EMEGA para mulleres

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (SI429A).
O programa constitúe unha medida integral de promoción da igualdade no eido laboral.
Así, establécense cinco liñas de actuación en función das tres fases da situación dun proxecto empresarial –identificadas como inicial ou de posta en marcha, de progresión ou expansión a través da innovación e de consolidación– denominadas liña Emprende, liña Innova e liña Activa, que se complementan cunha cuarta liña, denominada Concilia, establecida en atención á maternidade das promotoras e á organización do proceso de traballo na empresa. Como novidade, introdúcese unha nova liña para incentivar a iniciativa empresarial de investigación e tecnolóxica, denominada ITEF (investigación e tecnolóxica en feminino).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houbera día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Máis información: Diario Oficial de Galicia, núm. 151, do luns 11 de agosto de 2014.

Ningún comentario:

Publicar un comentario