luns, 15 de setembro de 2014

Curso inglés para viaxar

Xa está aberto o prazo de inscrición no curso de inglés para viaxar, organizado polo Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela, do 15 ao 30 de setembro de 2014.
Destinatarios/as: Persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e mocidade de 18 a 30 en posesión do carné xove.
Número de horas: 30
Número de prazas: 20
Contidos: Travel abroad. Places to stay. Moving around. Outdoor activities. Ecotourism. Whatʼs on?
Modalidade: Semipresencial (18 horas de clases presenciais, divididas en 12 sesións de 90 minutos de duración, e 12 horas de clases a distancia).
Lugar de impartición: Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil en Santiago de Compostela.
Data de inscrición: Do 15 ao 30 de setembro.
Data prevista de realización: Do 7 de outubro ao 13 de novembro de 2014.
Sesións presenciais: Sesións presenciais os martes e xoves de 18.00 a 19.30 horas.
Data e hora do exame: Día 13 de novembro, de 18.00 a 19.30 horas.
Información e inscricións: Cursos na Rede Galega de Información Xuvenil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario