O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo convoca a 6ª Escola Virtual de Igualdade.
A Escola Virtual de Igualdade é un programa do Instituto da Muller dirixido á formación en igualdade entre mulleres e homes.
Os cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, impártense gratuitamente a través da plataforma virtual www.escuelavirtualigualdad.es
A formación conta cun servizo de titoría especializado, así como foros de debate temáticos.
Esta edición está dotada con 42.000 prazas para os anos 2015 e 2016. Consta de dous niveis de formación:
Básico: de 30 horas de duración, cun contido de carácter xeral.
Avanzado: con catro modalidades de 65 horas cada unha. Estes cursos están orientados a persoas relacionadas coa xestión e orientación para o emprego, os servizos sociais e os ámbitos empresarial e xurídico.
Esta edición inclúe, como novidade, un curso específico para membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
A formación da Escola Virtual de Igualdade levarase a cabo ata setembro de 2016 aproximadamente. A formación é individualizada, para cada participante o curso comeza cando realiza a inscrición e dispón, dende ese momento, de 8 semanas para finalizalo.
Unha vez finalizado satisfactoriamente o curso elixido, emitirase un certificado acreditativo
http://escuelavirtualigualdad.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario