luns, 9 de febreiro de 2015

Certame lingua de namorar

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado organiza unha nova edición de Lingua de namorar, o concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos. Cada participante poderá participar con dúas mensaxes no concurso (extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe).
Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de 14 a 19 anos):
·         1º Tablet 4.0, 10,1” de 32 XG + actividade de aventura para dúas persoas
·         2º Disco duro Toshiba Canvio Basics 2.5” (USB 3.0, 1 TB)
·         3º Videocámara deporte dixital impermeable
Categoría B (de 20 a 35 anos):
·         1º Cámara somerxible Fujifilm FinePix XP70 + actividade de aventura para dúas persoas
·         2º Tablet para lectura Kindle, con pantalla táctil de 6”
·         3º Tarxeta regalo Spotify Premium de 6 meses
O prazo para enviar as mensaxes remata o vindeiro domingo 22 de febreiro. Do 23 ao 27 de febreiro abrirase o período de votacións.
Máis información sobre o concurso Lingua de namorar: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario