mércores, 18 de febreiro de 2015

Venres Emprendedores

Venres Emprendedores son citas con profesionais que no seu día deron o paso e hoxe constitúen un caso de éxito.
A modo de coloquio, catro personalidades do mundo do deseño e a publicidade permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus problemas e dificultades e pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.

Programa

6 de marzo. Rei Zentolo18:00 Sala Eisenman


15 de Maio. Óscar Santomé Diseño18:00 Sala Eisenman


5 de Xuño. Jaime Conde, director xeral da axencia Quattro IDCP18:00 Sala Eisenman

 
De balde previa inscrición a través do mail promocion@cidadedacultura.org. É preciso enviar os datos persoais e a data ou datas das charlas ás que desexa asistir.

Máis info neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario