mércores, 13 de maio de 2015

Peóns de limpeza de praias para Rianxo

O concello de Rianxo publicou o anuncio para a para a elaboración dunha listaxe de contratación laboral temporal de peóns de limpeza de praias.
O prazo de presentación de instancias será desde o 14/05/2015 ata o 19/05/2015 (ambos incluídos).
No suposto de presentarse a instancia fóra do rexistro xeral do Concello, sexa nalgún rexistro autorizado da Xunta de Galicia ou nalgunha oficina de correos, será necesario adiantala por fax ao núm. 981.866.628 ou 981.843.629, antes do remate do prazo, para que sexan tidas en conta.
As instancias para participar neste proceso poden recollerse no mostrador de información do Concello, neste sitio web e na Sede electrónica municipal (sede.concelloderianxo.es). Na parte traseira da dita instancia indícase a regulación mínima a ter en conta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario