luns, 15 de xuño de 2015

PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL "GALEUROPA”

Obxectivo: axudar a financiar á mobilidade da mocidade galega, con axudas individuais aos mozos e mozas participantes, ou ben mediante concesión de axudas a proxectos de entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no eido da xuventude e concellos.

Finalidade: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos mozos, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros

Duración: A duración das prácticas formativas será de 2 meses consecutivos no caso de axudas individuais a mozos/as; e mínimo de dous meses e máximo de tres meses consecutivos para axudas a proxectos, sempre antes do 30 de novembro deste ano

Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado a partir de mañá.

Máis info neste enlace:http://bit.ly/1GnrG6S

Ningún comentario:

Publicar un comentario