venres, 5 de xuño de 2015

Sesión de NEXOS

Este sábado 6 de xuño o ciclo ‪#‎Nexos‬, dirixido por Marcos Lorenzo, pon punto e seguido cunha sesión na que gastronomía e literatura irán da man: "O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos."
A conversa inicial terá como protagonista a Donna Leon, a gran dama da literatura negra de hoxe e creadora do personaxe do comisario Brunetti (La 2, TVE). Os seus libros están ateigados de referencias gastronómicas. A continuación, realizarase un percorrido pola historia do espellismo culinario da man de Manuel Gago, xornalista e profesor da USC, e do cociñeiro Alberto Lareo, chef do restaurante Manso.
As prazas están esgotadas dende fai días, pero as persoas que desexen anotarse na lista de espera poden mandar os seus datos persoais a online@cidadedacultura.org. No caso de que queden prazas libres, outorgaranse as prazas por estricta orde de inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario