martes, 21 de xullo de 2015

Axudas a proxectos emprendedores

O Injuve convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores, ca finalidade de apoiar mozos que lideran proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes de cada convocatoria, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.
Entenderase por empresa os traballadores autónomos, as empresas familiares, as sociedades colectivas e as asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica,

O Injuve apoiará os proxectos seleccionados con 25.000 € cada un, e en total apoiaranse 10 proxectos distintos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2015.

Máis información no BOE do 18 de xullo de 2015 e en www.injuve.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario