martes, 14 de xullo de 2015

Convocatoria de 8 bolsas de formación en proxectos de investigación para o Centro Ramón Piñeiro (Xunta de Galicia).

Sistema selectivo: concurso de méritos e entrevista persoal.
Titulacións requeridas para cada unha das bolsas:
- Licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica, Portuguesa ou Tradución e Interpretación ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura modernas; en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios; en Español: estudos lingüísticos e literarios; en Estudos de Galego e Español; en Tradución e Interpretación ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Ser licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Clásica, en Historia, en Humanidades ou graduado/a en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Posuír algunha das seguintes titulacións ou outras titulacións que se consideren equivalentes: licenciado/a en Filoloxía Galega, Románica, Hispánica ou Portuguesa ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura modernas; en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios; en Español: estudos lingüísticos e literarios ou en Estudos de Galego e Español.
- Ser licenciado/a en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Lingua e Literatura Españolas; en Lingua e Literatura Inglesas; en Lingua e Literatura Modernas; en Linguas estranxeiras; en Tradución e Interpretación ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega ou Galego-Portuguesa ou graduado/a en Lingua e Literatura galegas (con Maior Plus de Lingua e Literatura Galegas); en Estudos de Galego e Español; en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios (con Maior Plus, Minor ou Maior en Literatura Galega) ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega ou ben graduado/a en Lingua e Literatura Galegas; en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios; en Estudos de Galego e Español ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Ser licenciado/a en Filoloxía Galega, Portuguesa, Hispánica, Clásica ou Románica, ou ben graduado/a en Español: estudos lingüísticos e literarios; en Lingua e Literatura Modernas (con Maior ou Minor en Filoloxía Románica); en Lingua e Literatura galegas; en Lingua e literatura españolas ou en Filoloxía Clásica ou outras titulacións que se consideren equivalentes.
- Ser licenciado/a ou graduado/a en Ciencias Políticas e da Administración ou outras titulacións que se estimen equivalentes.
Bases: http://bit.ly/1O5kJKF
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes contado a partir de mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario