xoves, 6 de agosto de 2015

Bolsas de estudios

O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:

Primeiro e segundo cursos de Bacharelato
Formación Profesional de grao medio e de grao superior
Ensinanzas artísticas profesionais
Ensinanzas deportivas
Ensinanzas artísticas superiores
Estudos relixiosos superiores
Estudos militares superiores
Estudos de idiomas en Escolas Oficiais
Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior.
Formación Profesional básica.
Ensinanzas universitarias


As bolsas incluirán algunha ou algunhas das seguintes contías.
1. Contías fixas. Serán as seguintes:
a) Bolsa de matrícula.
b) Contía fixa ligada á renda do estudante.
c) Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar.
d) Bolsa básica.
2. Contía variable. A bolsa poderá incluír, así mesmo, unha contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar

Os prazos para presentar a solicitude estarán abertos ata:
A) O 15 de outubro de 2015, inclusive, para os estudantes universitarios.
B) O 30 de setembro de 2015, inclusive, para os estudantes non universitarios.

A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es a través de este enlace











Ningún comentario:

Publicar un comentario