A xornada gratuíta tenta crear un marco de reflexión sobre as
políticas de comunicación, o papel da cidadanía, a creatividade cultural
en tempos de crise económica, as relacións, moitas veces difíciles,
entre o xornalismo e a industria cultural, e o emprendemento
comunicativo en materia cultural así como o papel das institucións na
difusión e na comunicación cultural.
Esta xornada está especialmente orientada a profesionais da
comunicación, da xestión cultural e da difusión da cultura. A finalidade
é achegar ao sector cultural galego ideas, debates e portas desde as
que construír os alicerces da comunicación cultural da vindeira década.
PROGRAMA
Sesión da mañá
9:30 horas
Inauguración da xornada
10:00 horas
Como Internet redefine as nosas identidades culturais
Carlo Sorrentino, profesor de Socioloxía dos Procesos Culturais e da Comunicación. Università di Firenze
11:00 horas
Arts activity in a time of national crisis - An Irish perspective
Mary McCarthy, directora da National Sculpture Factory (Cork)
12:00 horas
Descanso
12:30 horas
O cuarto poder na rede. Desafíos e oportunidades para a información cultural
Víctor Sampedro, catedrático de Xornalismo. Universidad Rey Juan Carlos
13:30 horas
Debate cos relatores da mañá
Sesión da tarde
16:30 horas
Periodismo e industria cultural
Blanca Berasátegui, directora de
El Cultural
17:30 horas
Mesa redonda:
A comunicación desde os centros e entidades culturais
-
Raquel Martínez, profesora de Xornalismo. Universidad de Valladolid
-
Javier Pantoja, xefe da Área de Desenvolvemento Dixital. Museo Nacional del Prado
18:30 horas
Descanso
18:45 horas
Mesa redonda
Experiencias de comunicación cultural
-
Carles A. Foguet, director de comunicación e fundador de
Jot Down
-
Marta Peirano, xefa de cultura de
eldiario.es
20:15 horas
Peche das sesións
Máis info en http://consellodacultura.gal/evento/200399